A economía en canto ciencia: enfoque desde a complexidade
Year: 2012
Type: article
Abstract: Dentro do contexto da análise filosófica-metodolóxica, este artigo versa sobre cuestións \ncentrais acerca da economía en canto ciencia, onde o foco de atención está posto na \nperspectiva da complexidade. A este respecto, séguense aquí varios pasos: primeiro, os trazos característicos da ciencia e do caso da economía (elementos constitutivos, diversificación temática e localización no conxunto dos saberes); segundo, a economía como ciencia aplicada de deseño ante a complexidade (en clave ontolóxica e epistemolóxica, que se articulan na vertente estrutural e na dimensión dinámica); terceiro, o estatuto científico da economía segundo os criterios epistemolóxicos e metodolóxicos que dominaron a escena ata a data, que teñen un nexo directo coa predición; e, finalmente –como coda–, o papel dos modelos matemáticos en canto á economía, dentro do marco da comparación entre os distintos tipos de ciencia. Estes pasos buscan aspectos relevantes de cada cuestión analizada, sabendo que o cometido principal é a contextualización da economía en canto ciencia máis que a exhaustiva consideración de cada tema
Source: Revista Galega de Economía
Author: Wenceslao J. González
Language: English
Subfield: Economics and Econometrics
Domain: Social Sciences
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W100420953
