As denominacións de orixe na orientación competitiva dos procesos de innovación dos sistemas vitivinícolas locais
Year: 1970
Type: article
Abstract: Neste traballo analízase a dinámica de innovación nun sistema vitivinícola local, destacando o papel dos organismos reguladores das denominacións de orixe (DO), que velan pola protección da súa singularidade como un elemento máis do sistema local de innovación. A través do seu papel na innovación preténdese analizar en que medida a acción colectiva desenvolvida polas DO representa unha resposta adecuada ás esixencias competitivas formuladas aos sistemas produtivos locais polo proceso de globalización e pola revolución científico-tecnolóxica que atravesa o sector do viño. Desde esta perspectiva, preténdese indagar se a realización dunha Enquisa de Identificación de Necesidades Tecnolóxicas (EINT) pode supoñer un instrumento eficaz para a orientación estratéxica das relacións de cooperación entre os actores locais que fortaleza as capacidades competitivas das DO. O núcleo central da análise empírica baséase nunha enquisa realizada entre as bodegas da DO Rías Baixas (Galicia, España).
Source: Revista Galega de Economía
Authors: Alfredo Macías Vence, Xavier Vence Deza
Language: Galician
Subfield: Development
Field: Social Sciences
Domain: Social Sciences
Open Access status: hybrid
OpenAlex ID: W1490729957
