Participación del alumnado e intervención psicopedagógica socio-comunitaria en un centro de secundaria de La Coruña
Year: 2000
Type: article
Abstract: [Resumen] Partindo da idea de que a Educación é un servicio que debe propoñer solucións e alternativas á diversidade dos alumnos/as e pais/nais, facilitando instrumentos e ferramentas de desenvolvemento \ncomunitario, na seguinte comunicación relátase un caso de Intervención Psicopedagóxica nun Centro de Secundaria sobre o marco socio-comunitario. Comenzado por un estudio de necesidades e de recursos humáns e técnicos sobre os que satisfacer as necesidades detectadas, e sobre a base dunha axuda mutua que implique lugares e puntos de encontro, preténdese crear unha dinámica de participación de tódolos axentes educativos co obxectivo de desenvolver individuos responsables e autónomos que fagan frente ós conflictos e necesidades poden estar xerándose tanto no medio escolar \ncomo social. Este tipo de axuda inter e intra vertébrase sobre o establecemento de compromisos por cada unha das partes implicadas, con metas concretas e positivas. Dos resultados desta intervención, podemos deducir que a creación de marcos de interrelación e confluencia nos que quepan todos e non se exclúa a ninguén é unha base imprescindible sobre a que desenvolver os procesos educativos. Esta filosofía de intervención radica en poñer o énfase na axuda que pode aportar cada un e evitar a búsqueda de responsabilidades de terceiros ou alleos; trátase de vincular a todos e cada un, participando e desenvolvendo as parcelas de propia autonomía, desenvolvendo hábitos de responsabilidade individual e social.
Source: RUC (Universidade Da Coruña)
Language: Spanish
Topic: Social Sciences and Policies
Subfield: General Social Sciences
Field: Social Sciences
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W1508436932
