A reforma da negociación colectiva: contidos e procedementos
Year: 2011
Type: article
Abstract: [Resumo] A recente reforma legal do sistema español de negociación colectiva tivo como dous dos seus principais obxectivos, e entre outros, os de obter máis flexibilidade interna e superar os bloqueos que xorden durante as negociacións. Neste artigo o autor analiza os cambios legais que contribuíron a estas orientacións e salienta as súas principais dúbidas, retos e problemas desde un punto de vista legal. Como conclusión apúntase que a nova lexislación precisa dun altograo de implicación das partes sociais, cuxas prácticas e estratexias van condicionar o seu éxito. Tamén se sinala o desenvolvemento das solucións de mediación e arbitraxe aos conflitos colectivos como un dos máis importantes propósitos asumidos por esta reforma. En termos xerais o Real decreto lei 7/2011, aprobado polo Goberno español o 10 de xuño de 2011, supón unha modificación estratéxica do marco español de relacións laborais. Fundamentalmente para afrontar algúns dos problemas de que se fai a análise nas páxinas seguintes.
Author: Jaime Cabeza Pereiro
Language: Spanish
Topic: Legal and Labor Studies
Subfield: Industrial relations
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W1542719491
