Un test de vocabulario en galego (T-vogal)
Year: 2010
Type: article
Abstract: [Resumo] O propósito desta investigación era construír un test de resposta Si/Non que permitira estima-lo tamaño do vocabulario coñecido por escolares galegos en lingua galega. O test consta de dúas baterías, composta cada unha por cinco subtests. Un subtest ten, á súa vez, 40 palabras e 20 pseudopalabras. Administrouse a unha mostra de escolares de 6º de educación primaria e de 2º de ESO de Galicia (N = 575). A fiabilidade obtida para toda a mostra, correlacionando os datos das dúas baterías, foi de r = 0.81; para a mostra de 6º, r = 0,793 e para a de 2º, r = 0,807. A validez de construto quedou avalada pola capacidade da proba para discriminar entre grupos de escolares diferenciados. A validez de contido susténtase no procedemento empregado na construción do test e na correspondencia observada entre a dificultade dos ítems xulgada por tres profesores expertos e a dificultade que efectivamente tiveron para os escolares. A validez concorrente xustifícase coas aceptables correlacións obtidas entre coas puntuacións no test e o rendemento académico dos suxeitos na área de lingua galega. O instrumento resulta útil para estima-lo número de palabras coñecidas por un suxeito ou por un grupo e tamén permite compara-la puntuación dun suxeito coa do seu grupo normativo.
Author: Antonio Estévez Álvarez
Language: Spanish
Subfield: Developmental and Educational Psychology
Field: Psychology
Domain: Social Sciences
SDG: Quality education
Open Access status: green
OpenAlex ID: W1572396232
