Coidados de enfermería na prevención da neumonía asociada á ventilación mecánica
Year: 2014
Type: dissertation
Study design: Systematic Review
Abstract: [Resumo] Introducción. A neumonía asociada á ventilación mecánica (NAVM ) é unha das complicacións más frecuentes nas unidades de críticos. A súa incidencia oscila entre o 27-70 %, e representa o 80% das infeccións respiratorias nosocomiais en pacientes sometidos a ventilación mecánica (VM). A NAVM produce un importante aumento da mortalidade, da estancia media e dos custos hospitalarios polo que a enfermería desempeña un papel fundamental na aplicación de intervencións que permitan reducir o impacto destas altas taxas. Obxectivo. O obxectivo desta revisión é coñecer as medidas preventivas de enfermería que se deben levar a cabo para a prevención e control da NAVM en pacientes críticos. Metodoloxía. Realizouse unha búsqueda bibliográfica nas bases de datos Cochrane, Medline, Cinahl e Scopus. Incluíronse revisións sistemáticas, guías de práctica clínica e ensaios clínicos aleatorizados de pacientes adultos ingresados en unidades de coidados intensivos, con VM e que medían a incidencia de neumonía asociada á ventilación (NAV) ao aplicarse as seguintes intervencións de enfermería: hixiene de mans, hixiene oral, posicionamento do paciente, aspiración secrecións bronquiais , control presión neumotaponamento do tubo endotraqueal (TET). Resultados. Analizáronse 15 artigos (5 revisións sistemáticas, unha guía de práctica clínica e 9 ensaios clínicos) que cumprían cos criterios de inclusión. Conclusións. Os resultados mostran a importancia dos coidados de enfermería na prevención da NAV. Sen embargo é recomendable a realización de máis estudos que clarifiquen diversos aspectos que non están de todo definidos nos estudos actuais así como a formación do persoal enfermeiro para aumentar o cumplimento destas intervencións.
Author: Vanesa Rojo Amigo
Institution: Universidade da Coruña
Language: Spanish
Topic: Nosocomial Infections in ICU
Field: Medicine
Domain: Health Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W1701739313
