Work

Autotrophic nitrogen removal in granular sequencing batch reactors

Year: 2009
Type: dissertation
Abstract: Esta tese encadrase no marco da depuracion de augas e mais concretamente na eliminacion de nitroxeno das augas residuais. A eliminacion de nutrientes (principalmente N e P) nas augas residuais e necesaria para evitar a proliferacion de algas ou eutrofizacion das augas receptoras. Os procesos bioloxicos son os mais utilizados para levar a cabo a eliminacion de nutrientes debido ao seu menor custo en comparacion cos fisicoquimicos. O proceso tipico de eliminacion de nitroxeno consiste na oxidacion de amonio a nitrato, en dous pasos: 1) oxidacion de amonio a nitrito por medio de bacterias oxidantes de amonio (BOA) e 2) oxidacion de nitrito a nitrato por medio de bacterias oxidantes de nitrito (BON). Unha vez o amonio oxidado ata nitrato, este e reducido a nitroxeno gas por bacterias heterotrofas en ausencia de osixeno. Con todo, este proceso non e o mais axeitado para tratar augas con alta carga nitroxenada, e dicir augas con baixa relacion DQO/N. Neste caso debese engadir unha fonte externa de carbono que encarece o proceso. Unha alternativa para eliminar nitroxeno destes efluentes, xurdida nos ultimos anos, e a eliminacion autotrofa de nitroxeno levada a cabo por bacterias Anammox que combinan amonio e nitrito para dar nitroxeno gas e unha pequena cantidade de nitrato en condicions anaerobias. Este proceso resultou interesante para tratar augas de saida de dixestores anaerobios xa que estas contenen altas concentracions de nitroxeno e pouca materia organica biodegradable. Con todo, o lento crecemento das bacterias autotrofas, en comparacion coas heterotrofas dificulta a posta en marcha e posterior desenvolvemento do proceso. Duas configuracions alternativas son posibles para levar a cabo o proceso de eliminacion autotrofa de nitroxeno: 1) proceso en duas etapas: nitrificacion parcial do 50% do amonio a nitrito no primeiro reactor que alimentaria un posterior reactor Anammox, 2) ambos procesos levados a cabo nun unico reactor, proceso conecido como CANON (Complete Autotrophic Nitrogen Removal Over Nitrite).A eliminacion autotrofa de nitroxeno da corrente de saida dos dixestores anaerobios nas plantas de tratamentos de augas residuais presenta unha serie de vantaxes entre as que se atopan: ? O aumento da capacidade de eliminacion de nitroxeno da planta. ? A reducion da cantidade de lodos producidos xa que a produtividade da biomasa autotrofa (nitrificante e Anammox) e menor que a heterotrofa (desnitrificante). ? A producion de inferiores cantidades de gases de efecto invernadoiro (N2O e NO). ? Un aumento do aproveitamento enerxetico no dixestor anaerobio xa que ao eliminar o nitroxeno da corrente de rexeitamento podese reducir o tempo de residencia hidraulico nos decantadores primarios das EDAR diminuindo a oxidacion de materia organica nos mesmos. Os procesos bioloxicos podense levar a cabo en sistemas con biomasa en suspension ou en forma de biopeliculas (biomasa adherida ou granular). O uso de sistemas baseados en biopeliculas permite o tratamento de maiores cargas en menores volumes de reactor e, xa que logo, esta recomendado para o tratamento de efluentes con elevadas cargas. Ademais o feito de que a biomasa creza desta forma permite reter maiores cantidades da mesma, o cal e beneficioso no caso de utilizar microorganismos de lento crecemento como e o caso das bacterias nitrificantes e Anammox. Nos anos 90 desenvolveuse nos Paises Baixos unha tecnoloxia baseada na formacion de biomasa granular en condicions aerobias. Esta tecnoloxia fundamentase no desenvolvemento de biopeliculas sen necesidade de material de soporte. Os primeiros traballos desenvolveronse estudando a autoagregacion de bacterias heterotrofas alimentadas cunha fonte de carbono, formando agregados cuxa principal caracteristica era a sua elevada velocidade de sedimentacion. Para iso, utilizase un reactor operado de forma descontinua (SBR: Sequencing Batch Reactor) cunha elevada relacion altura/diametro e sometese a biomasa a periodos ciclicos de saciedade e fame. O emprego de sistemas granulares presenta as seguintes vantaxes: ? Permiten alcanzar maiores concentracions de biomasa no reactor, diminuindo a produtividade dos lodos e aumentando a capacidade do reactor. ? Minimizase o lavado de biomasa, feito fundamental ao traballar con bacterias de lento crecemento. ? A velocidade de decantacion da biomasa e moito maior que a dos lodos activos, diminuindo a superficie necesaria para o decantador (podese chegar inclusive a non necesitar decantador). En base a todo o anteriormente citado, na presente tese estudaronse as condicions de operacion axeitadas para a autoagregacion de poboacions de lento crecemento como as nitrificantes (BOA e BON) e as Anammox, cada unha delas por separado (Capitulos 3, 4 e 5). Posteriormente, combinaronse poboacions de BOA e Anammox nunha unica unidade para levar a cabo o proceso CANON, este proceso foi desenvolvido a temperatura ambiente en dous tipos de reactores (Capitulo 6). A continuacion, co fin de analizar a operacion dos granulos a nivel microscopico levouse a cabo un estudo por medio de microelectrodos para o seguimento de perfis de concentracion no interior de devanditos granulos (Capitulo 7). Cos datos experimentais obtidos nun traballo previo neste tipo de sistemas, desenvolveuse un modelo que permitiu simular o comportamento de granulos aerobios nos que se levaba a cabo a eliminacion de nitroxeno a traves do proceso convencional de nitrificacion-desnitrificacion (Capitulo 8).
Language: English
Subfield: Pollution
Open Access status: green
OpenAlex ID: W1803429435
Cites: 235
Cited by: 9
Related to: 10