Year: 2009
Type: article
Abstract: Neste artigo defínese o preconcepto en relación con outras nocións afíns, centrándose logo o traballo no estudo do preconcepto lingüístico como manifestación do racismo aplicado ás linguas e aos seus falantes. Após unha aproximación aos preconceptos lingüísticos no mundo desde unha perspectiva histórica e ás tentativas da súa clasificación a nivel xeral, estúdase a súa xénese e evolución na sociedade galega. A seguir, agrúpanse para a súa análise en preconceptos relacionados coa suposta falta de utilidade do galego, os que asocian este co atraso e a pobreza, os que consideran o seu uso como sinal de descortesía ou má educación, aqueles relacionados coa pretensa imposición lingüística, os referidos á caracterización pexorativa da lingua e a competencia dos falantes, e por último os que se refiren ao galego como marca ideolóxica ou profesional.
Source: Revista Galega de Filoloxía
Author: Xosé Ramón Freixeiro Mato
Institution: Universidade da Coruña
Language: Galician
Subfield: Linguistics and Language
Field: Social Sciences
Domain: Social Sciences
SDG: Reduced inequalities
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W2107427488
