Estimación dos custos das operacións de extinción de incendios forestais: estudo de caso no distrito forestal de A Limia
Year: 2015
Type: article
Abstract: Os incendios forestais producidos en Galicia, na meirande parte dos casos intencionadamente, arrasan miles de hectáreas de superficie forestal cada ano. Neste traballo realizamos un estudo descritivo dos incendios rexistrados durante o período 1999-2008 no Distrito XV-A Limia, así como unha estimación económica dos custos derivados das operacións de extinción. Para isto empregamos os partes de incendio dos 6.383 incendios forestais ocorridos neste distrito, e deseñamos dous escenarios de valoración para a estimación do valor dos medios humanos e materiais empregados nos lumes do distrito. As nosas estima-cións amosan un custo anual medio de extinción por hectárea de superficie forestal que varía entre os 5,3 euros e os 6,4 euros.
Source: Revista Galega de Economía
Institutions: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo
Language: Galician
Topic: Fire effects on ecosystems
Subfield: Global and Planetary Change
Field: Environmental Science
Domain: Physical Sciences
SDGs: Life on land, Climate action
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W1233326624
