Work

Etnoarqueoloxia e Microhistoria dunha paisaxe cultural: a parroquia de San Pedro de Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo)

Year: 2005
Type: article
Abstract: [gl] Este artigo recolle a análise arqueohistórica do proceso de conformación dunha paisaxe cultural a escala local, como é a parroquia de S. Pedro de Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo). Partindo da Arqueoloxía da Paisaxe reconstruímo-las diferentes estratexias de construcción do espacio social empregadas polas sucesivas formacións socioculturais que ocuparon a zona dende a Prehistoria Recente deica a actualidade. Na segunda parte achegámonos ó patrón de racionalidade manexado pola comunidade campesina que construíu e dotou de sentido á paisaxe rural tradicional. Para acadar este obxectivo, desenvolvemos unha aproximación interdisciplinar coa angueira de maximizar tanto as aportacións de diferentes tendencias historiográficas (Historia Rural, Antropoloxía Histórica, Microhistoria) como a potencialidade da utilización conxunta de diversas ferramentas metodolóxicas, nomeadamente o baldeirado de fontes documentais secundarias, a enquisa etnográfica, a análise iconográfica e a Historia Oral.
Language: Galician
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W2167808056
FWCI: 6.497
Cites: 11
Cited by: 5
Related to: 10