Work

A responsabilidade social dos universitarios como futuros traballadores: perspectivas comparadas

Year: 2013
Type: article
Study design: Observational Study
Abstract: [Resumo] O artigo que agora presentamos está enmarcado nun proxecto de investigación internacional integrado por catro universidades latinoamericanas e europeas. O seu obxectivo céntrase no estudo do papel da responsabilidade social nos plans de estudos universitarios como parte da formación, as habilidades e os coñecementos que despois os estudantes poderán trasladar aos seus futuros postos de traballo. Neste sentido, trátase de responder as preguntas sobre se e como os estudantes están preparados para asumir un rol activo do punto de vista da responsabilidade social nos seus diferentes ámbitos de actuación e na súa futura carreira profesional. O traballo de investigación realizado baséase, dunha parte, nunha metodoloxía cualitativa, mediante a recollida de datos en grupos focais; e, da outra, nunha metodoloxía cuantitativa, ao se dispor para a recollida de datos dun cuestionario en liña.
Language: Spanish
Subfield: Education
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2176100504
FWCI:
Cites:
Cited by:
Related to: 8