As traduccións ibéricas de "Os vellos non deben de namorarse"
Year: 2007
Type: article
Abstract: Moi pouco de esaxeración ten o xuízo de que Os vellos non deben de namorarse simboliza, por múltiples motivos, a máis relevante mostra teatral do patrimonio literario galego 1 .É, non en van, a obra dramática das nosas letras que en maior número de ocasións apareceu como libro desde que orixinalmente saíu do prelo, editada por Galaxia, en 1953, e constitúe, de igual xeito, o texto máis veces posto en escena logo de que tivese lugar a súa estrea, primeiro, no Teatro Mayo de Buenos Aires, con grande éxito de público e de crítica, o 14 de agosto de 1941, e, a seguir, no Teatro Solís de Montevideo, con acollida parella, o 8 de outubro do mesmo ano.Como é sabido, a representación corría daquela a cargo dun grupo de actores galegos integrantes da Compañía Galega Maruxa Villanueva, dirixidos por Manuel Varela Buxán, e contaba mesmamente coa valiosa colaboración de Castelao no deseño de diversos elementos escenográficos 2 .1 Velaquí, por exemplo, unha estimación de Manuel María que non conduce a engano: "Os vellos non deben de namorarse, de Alfonso R. Castelao, está aceptada unánimemente como la máxima obra teatral gallega de todos los tiempos, juicio que compartimos de lleno" (1970: 16). 2 Así evocaba o actor Fernando Iglesias, Tacholas, intérprete do personaxe de don Ramonciño, a transcendencia que tivo a estrea da obra: "En 1940 llegó Castelao a Buenos Aires, y al poco tiempo leyó a un grupo de amigos su obra teatral Os vellos non deben de namorarse, y éstos le aconsejaron que viese actuar a la compañía Maruja Villanueva, ya que, por su dominio del gallego, sería la única capaz de interpretarla; así lo hizo, y con el interés y entusiasmo de todos se ensayó con la dirección del autor, para estrenarla en agosto de 1941, en el Teatro de Mayo.Fue un éxito importante en el ambiente teatral y cultural de Buenos Aires, repitiéndose en el Solis, de Montevideo: todo lo trabajado con la vigilancia de Castelao dio su fruto: las caretas sobre sus diseños de cada personaje fueron hechas por el escultor compostelano Domingo Maza, y pintados con un realismo sorprendente por Castelao; luego, la búsqueda de un color, un ademán o una inflexión de voz en los actores dio como resultado una verdadera fiesta de luz y color, repetida en cada representación" (Iglesias 1970: 25).Con respecto ao éxito desta primeira representación da obra é interesante, por outra banda, reparar no seguinte testemuño referido por Blanco Amor: "Eis o que son as cousas: esta obra imaxinada para Pontevedra, estréase nun gran teatro de Buenos Aires coas máximas gabanzas da crítica e con esta anécdota que non podo menos de engadir aquí.Esa noite levei comigo ao teatro a James Graham, da School of American Ballet, que estaba na Arxentina, á fronte da xira do American Original Ballet, que, por aqueles días estaba arrebatando de entusiasmo ao público desta urbe, un dos máis informados do mundo en materia de espectáculos, coas súas representacións de ballet integral.Pois Graham díxome que nada tiña ollado en Nova York, nos últimos anos, que contivese tanta suma de orixinalidade e tan extraordinaria posibilidade dunha montaxe de grande espectáculo como a obra de Castelao.E deixo costancia aclaratoria de que non tiña que ter comigo ningunha clase de cumprimentos, pois acabamos de coñecernos nunha reunión social, e nin sequera sabía que eu era galego.Sen a interferencia da guerra, ou da súa prolongación, estaba no posíbel que a obra se houbese estreado en Nova York" (Blanco Amor 1986: 91-92).Ata o dramaturgo Alejando Casona eloxiosamente se fixo eco naqueles días de Os vellos non de ben de namorarse: "La presente temporada en Buenos Aires nos ha traído la revelación de Castelao como dramaturgo en el escenario del teatro Mayo, con su obra inicial Precisamente unha das razóns máis poderosas que afianzan o privilexiado lugar que corresponde asignar a Os vellos non deben de namorarse é, sen dúbida, o abundante número de montaxes das que ten sido obxecto ao longo do tempo.Despois da estrea mencionada en Buenos Aires
Author: Xosé Manuel Dasilva
Language: Galician
Subfield: Language and Linguistics
Field: Arts and Humanities
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2241999583
