A estadía de José Rodríguez González en Alemaña (1815-1817). Tradución dunha publicación súa
Year: 2011
Type: article
Abstract: De José Rodríguez González (tamén nomeado na literatura científica como Joseph ou Pedro Jospeh Rodríguez González), coñecido como o Matemático de Bermés, aínda quedan aspectos por investigar e profundar. Amosamos neste artigo algún dato novo sobre a súa estadía en Alemaña e presentamos unha tradución ao galego da súa obra Ueber die Gröfsenverhältnisse des Erd-Sphäroids publicada en 1817 na revista Zeitschrift für Astronomie und verwandte Wissenschaften. A existencia deste traballo foi comunicada por nós en 2010 no Congreso Público de Astronomía O Camiño das Estrelas – As Estrelas do Camiño, e posteriormente no artigo Dúas obras inéditas de José Rodríguez González na revista Descubrindo (Fernández, 2011).
Source: Hispana
Author: Iván Fernández Pérez
Language: Galician
Subfield: Astronomy and Astrophysics
Field: Physics and Astronomy
Domain: Physical Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2260068451
