A xestión do bosque e do monte dende a Idade do Ferro á época romana no noroeste da península Ibérica: consumo de combustibles e produción de manufacturas en madeira
Year: 2013
Type: dissertation
Abstract: Esta Tese de Doutoramento tivo como obxectivo principal coñecer as estratexias organizativas que conforman a xestión do bosque e do monte a partir do tipo de aprovisionamento dos recursos leñosos durante a Idade do Ferro e a época romana no noroeste peninsular. Foron estudados conxuntos arqueobotánicos procedentes de 22 xacementos arqueoloxicos. Os resultados obtidos permitiron observar cómo existe unha estreita relación entre as estratexias económicas destas comunidades e os cambios nos patróns de aprovisionamento de combustibles: preferencia por madeira de árbores ou arbustos, territorios explotados, etc. Tamén puidemos identificar diversos aspectos relacionados coa elaboración de manufacturas en madeira: selección de especies, técnicas, ferramentas, etc.
Author: Maria Martín Seijo
Language: Galician
Subfield: Archeology (arts and humanities)
Field: Arts and Humanities
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2260939263
