Work

Assessment Of Social Preferences For An Alternative Regeneration Coastlines Against A Marina In Teis (Vigo)

Year: 2009
Type: article
Abstract: A importante presenza de portos deportivos nas costas galegas e as previsións de crecemento na oferta de prazas de atracada invitan á reflexión sobre a súa incidencia no benestar da sociedade. É por isto que a incorporación na análise custo-beneficio dos custos sociais asociados resulta útil e necesaria para unha asignación eficiente dos recursos dispoñibles. Neste artigo empregouse o método de valoración continxente para estimar a disposición ao pagamento (DAP) ou variación compensatoria dos residentes por un plan de rexeneración do litoral fronte ao proxecto de ampliación dun porto deportivo en Punta Lagoa en Teis (Vigo). Para a análise das respostas empregouse un modelo paramétrico e un non paramétrico, que non precisa asumir ningunha forma funcional da distribución da disposición ao pagamento. As estimacións obtidas amosan unha DAP de 48 €/fogar e de 34 €/fogar, respectivamente. Destes resultados derívase que o plan de rexeneración do litoral levaría consigo unha ganancia de benestar social respecto da ampliación do porto deportivo ou, o que é o mesmo, que existe un custo social asociado a este último. Ao mesmo tempo, á luz dos resultados e ante as vantaxes que ofrece o estimador Turnbull, recoméndase un maior emprego dos métodos non paramétricos para obter estimadores a partir de datos de valoración continxente
Language: English
Open Access status: green
OpenAlex ID: W228147255
FWCI:
Cites: 10
Cited by:
Related to: 9