Work

Conflicto y adolescentes diferencias entre adolescentes institucionalizados y no institucionalizados

Year: 2015
Type: dissertation
Study design: Observational Study
Abstract: [Resumo]De acordo coa Teoría da Seguridade Emocional (EST) o conflito interparental, especialmente o destrutivo caracterizado por alta intensidade, frecuencia e non resolto, fai que decreza a seguridade no sistema familiar dos pequenos e dos adolescentes. O principal obxectivo deste estudo é analizar o impacto do conflito interparental en dúas submostras de adolescentes españois. Os participantes foron 907 adolescentes divididos en duas submostras: unha de 169 adolescentes que viven en centros residenciais baixo os servizos de protección de menores e outra composta por 738 adolescentes. A “Escala de Conflicto Interparental desde la perspectiva de los hijos; CPIC” foi empregado para explorar as dimensións do conflito interparental. Para analizar a seguridade emocional aplicouse “Security In the Family System; SIFS”. Os resultados indican que o conflito interparental destrutivo foi significativamente máis alto en familias de adolescentes de centros de menores e, ademais, a súa seguridade emocional era significativamente máis baixa. En canto ás diferenzas hai variables similares que afectan á seguridade dos adolescentes na súas familias nas dúas submostras: a resolución dos pais ás súas disputas e a frecuencia das discusións. As análises indican que o conflito interparental foi percibido de xeito diferente e diferentemente afecta á seguridade emocional dos rapaces e das rapazas. De feito, en ambas mostras as rapazas desvinculábanse máis que os rapaces cando se enfrentaban ó conflicto interparental. A seguridade emocional é un modelo teórico axeitado para o estudo do impacto que o conflito interparental ten nos adolescentes españois, aínda cando os rapaces/as non viven cos seus pais.
Language: Spanish
Field: Psychology
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2285151989
Cites: 225
Cited by:
Related to: 8