Work

Deseño e implementación dunha proposta de ensinanza da relatividade especial en primeiro de bacharelato, baseada na formulación xeométrica de Minkowski

Year: 2010
Type: dissertation
Abstract: O informe PISA (OCDE, 2006) pon de manifesto o fracaso escolar na ESO en tres competencias \nbásicas: comunicación lingüística, matemática e científica. Dito informe revela que na comunidade \nautónoma galega, entre outras, o alumnado, cando remata ditos estudos, ten serias dificultades para \nrepresentar, interpretar e comprender a realidade, construír e comunicar o coñecemento; utilizar os \nsímbolos e as formas de expresión e razoamento en ciencias e matemáticas, resolver problemas \nrelacionados coa vida cotiá, integrar o coñecemento matemático con outros tipos de coñecemento \nmediante a conexión e integración de modelos matemáticos explícitos; elaborar e comunicar \nxustificacións e argumentos baseados nas súas interpretacións e accións; utilizar probas científicas e \nextraer conclusións baseadas en probas, amosar curiosidade pola ciencia e pola matemática, e \nrecoñecer a importancia da investigación científica. \nCoa presente investigación de tese de doutoramento preténdese contribuír á solución da \nproblemática formulada no parágrafo anterior. Baseándose nunha perspectiva socioconstrutivista, \ndende a cala ensinanza-aprendizaxe da ciencia e da matemática, descríbese como un proceso de \nenculturalización, no que os estudantes participan (en colaboración co profesor e cos seus propios \ncompañeiros) na elaboración do razoamento científico e matemático situándoos no contexto da vida \nreal, dentro dunha estrutura baseada nas teorías e métodos da ciencia e da matemática (Brown et al., \n1989, Vergnaud, 1997; Ogborn et al., 1996). A este respecto diferentes autores (Lemke, 1990; \nJiménez, 1998; Godino et al., 2006) pensan que dominar o campo das ciencias e da matemática \nrequire dominar a súa forma especializada de utilizar a linguaxe, os símbolos, a simulación, a \nmodelización e a comunicación, para que o alumnado sexa capaz de reconstruír, comprender e \naplicar conceptos, procesos e técnicas. Somos conscientes de que os modelos matemáticos que \nrepresentan feitos e fenómenos do mundo físico, obxecto de estudo na ESO, orixinan conflitos \nsemiótico-cognitivos nos estudantes no seu tratamento matemático (Godino et al., 2006), mais \ntamén ofrecen oportunidades para contribuír a superalos.
Language: Galician
Subfield: Education
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2402543161
Cites: 280
Cited by: 2
Related to: 9