Comunidades 'online' y revitalización lingüística: el ejemplo de Zamboanga de Antes
Year: 2016
Type: dissertation
Abstract: [Resumo] Esta investigación indutiva encadrada no campo da etnografía dixital sérvese fundamentalmente da técnica da observación participante virtual para estudar a interacción desenvolvida ao longo dun ano polos integrantes de Zamboanga de Antes. Este grupo de Facebook conta hoxe en día con máis de 15.000 membros e ten como obxectivo a revitalización do chabacano zamboangueño, unha das tres variedades do crioulo hispano-filipino. En primeiro lugar, preséntase unha análise de variables a fin de estudar os factores que poden favorecer a resposta nos fíos e, polo tanto, a práctica desta lingua no ámbito online. Logo, a análise de redes sociais permite examinar a topoloxía da interacción, identificar os membros máis centrais e detectar posibles subgrupos. Ademais, o estudo é completado por unha análise do contido e das ideoloxías presentes nos textos espontáneos e actuais de entradas e comentarios. En definitiva, pretendemos describir as estratexias de estimulación das conciencias metalingüística e sociolingüística que poden propiciar a revitalización lingüística e o fortalecemento da identidade nunha rede social online.
Source: RUC (Universidade Da Coruña)
Author: Eduardo Tobar Delgado
Language: Spanish
Subfield: Linguistics and Language
Field: Social Sciences
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2561449609
