Work

Os cibermedios nos dispositivos móbiles: análise estrutural, formal e interpretativa das características que definen o produto informativo no novo soporte en catorce cabeceiras de referencia

Year: 2014
Type: dissertation
Abstract: O título escollido para esta tese de doutoramento é “Os cibermedios nos dispositivos móbiles. Análise estrutural, formal e interpretativa das características que definen o produto informativo no novo soporte en catorce cabeceiras de referencia”. Propoñémonos estudar as webs móbiles e as apps móbiles de catorce xornais europeos e un máis dos Estados Unidos. Para levar a cabo este traballo de investigación establecemos unha comparativa entre a web e a app móbil de cada un dos medios estudados. Cremos preciso focalizar en tres perspectivas que exerceron unha gran influenza nos estudos das teorías da comunicación nos últimos anos –funcionalista e interpretativa- cunha formulación actual e coas achegas da perspectiva crítica, asociada principalmente ás contribucións feitas arredor do papel dos medios na sociedade.
Language: Galician
Subfield: Communication
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2581672579
Cites:
Cited by: 1
Related to: 10