Participación feminina no mercado de traballo desde un enfoque interxeracional
Year: 2015
Type: article
Abstract: [Resumo] As mulleres foron incorporándose de maneira notable á denominada esfera pública desde finais do século XX en España, mais non sucedeu o mesmo no tocante aos homes e o ámbito privado. No entanto, dentro da poboación masculina podemos salientar o colectivo dos avós, polo rápido proceso de cambio que está a experimentar ao se incorporar ao sistema de coidados, en concreto, de nenos e nenas. Denominamos este proceso a «revolución dos avós». Aínda que son as avoas as que desenvolven en maior medida as tarefas mencionadas, os avós están a mudar o seu rol de xénero. No artigo analízase a bibliografía máis relevante neste ámbito, para estudar despois as causas e consecuencias máis importantes do devandito proceso de cambio, así como os principais perigos que se poden derivar del.
Source: RUC (Universidade Da Coruña)
Authors: Novo-Corti, María Barreiro‐Gen
Language: Spanish
Subfield: Sociology and Political Science
Field: Social Sciences
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2622923950
