Work

A importancia social do compromiso da Universidade á hora de promover a iniciativa emprendedora como obxectivo estratéxico para transferir coñecemento, modificar o modelo produtivo e aumentar o benestar social

Year: 2010
Type: article
Abstract: [Resumo] O desenvolvemento dunha sociedade baséase na capacidade dos seus membros para detectar oportunidades, emprender e crear novas empresas con ideas innovadoras. O impacto da cultura emprendedora e a creación de empresas no benestar e o progreso social é un feito constatado, polo que a universidade debe asumir o compromiso de fomentar o espírito emprendedor como un obxectivo estratéxico que, ao mesmo tempo sirva como medio para transmitir coñecementos á sociedade. O logro deste obxectivo favorecerá a aparición unha xeración de novos emprendedores provenientes do ámbito universitario que transformarán a estrutura económica e social do país, o que contribuirá ao ansiado cambio de modelo produtivo, á creación de empregos que requiran maior cualificación, á igualdade de oportunidades e á repartición máis equitativa da riqueza.
Authors: Fernando Luis Agulló Leal, José Luis López
Language: Galician
Open Access status: green
OpenAlex ID: W263176963
FWCI:
Cites: 1
Cited by:
Related to: 9