Cuestións teóricas sobre a creación musical española na actualidade
Year: 2002
Type: article
Abstract: INTRODUCCIÓNO propósito deste artigo é o de establecer uns marcos abertos de pensamento sobre a creación musical española dos últimos anos, reflexionar sobre unha serie de cuestións ás que a música nunca foi allea, se ben se tornan especialmente complexas neste cambio de milenio no que vivimos. En efecto, o panorama compositivo actual non é unívoco: podemos consideralo como un ente orgánico, vivo, en constante ebulición e cambio, no que se dan cita tendencias compositivas contrapostas, tales como o epigonismo serial, a electroacústica, o eclecticismo ou as tendencias de vangarda, por poñer só uns exemplos do amplo espectro da composición. Isto deriva dunha concepción artística e cultural tamén en contraste, e sobre todo, de visións e revisións estéticas paralelas, abertas ós novos tempos de fusión, que parten da inmersión da música no ámbito da interdisciplinaridade ou que reivindican o ámbito da música como arte per se. Todo iso pódenos dar unha idea da dificultade que entraña compoñer música no século XXI; o mesmo grao de dificultade se presenta ó intentar explicar, analizar e, finalmente, teorizar sobre a música dos últimos tempos.
Source: Eduga: revista galega do ensino
Author: Rosa Fernández
Language: Spanish
Subfield: Music
Field: Arts and Humanities
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W26335501
