Work

Violencia de xénero e terapia ocupacional: unha revisión bibliográfica

Year: 2017
Type: dissertation
Study design: Systematic Review
Abstract: [Resumo] Introdución: Actualmente, a Violencia de Xénero constitúe un grave problema de saúde pública que afecta a miles de mulleres arredor do mundo. Dende a Terapia Ocupacional, este fenómeno podería ser considerado unha situación de “deprivación ocupacional” xa que a restrición en ocupacións significativas para a muller é unha pauta definitoria deste tipo de violencia. Obxectivos: Coñecer e explorar a investigación que existe con respecto á abordaxe da Violencia de Xénero dende a Terapia Ocupacional, destacando a diversidade que existe dentro da literatura científica. Metodoloxía: Realizouse unha análise bibliográfica sobre a produción científica actual en 6 bases de datos diferentes. Do número total de artigos localizados, elimínanse os duplicados e realízase un filtrado manual a través dos criterios de inclusión e exclusión, obtendo finalmente 14 artigos. Analízanse diversas variables. Resultados: O período de publicación enmárcase dende o ano 2001 ao 2016. A maioría dos estudos empregan unha metodoloxía cualitativa, a través de estudos fenomenolóxicos. Gran parte da produción científica procede de revistas e autoras/es estadounidenses, existindo un notable predominio anglosaxón. Dentro das temáticas emerxeron diversas formas de entender e intervir como terapeutas ocupacionais en situacións de Violencia de Xénero. Conclusións: Necesidade de promover e potenciar as líneas de investigación referidas á Violencia de Xénero e a Terapia Ocupacional, continuando con novas formas de aproximarse dende unha mirada crítica a este fenómeno.
Language: Galician
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2728830014
Cites: 18
Cited by:
Related to: 10