Work

A vida na escola: das narrativas autobiográficas á realidade escolar

Year: 2016
Type: dissertation
Abstract: Esta investigación de corte cualitativo baséase no estudo dos escritos de 100\nnarradores sobre as súas lembranzas escolares en centros educativos de Galicia, entre os anos 1949 e 2008. Os relatores comparten unha mesma formación pedagóxica: todos eles son mestres por titulación (uns en servizo activo e outros non) no momento de escribir as súas narrativas. O tratamento de datos realizouse co programa informático AQUAD 6. A través dos testemuños escritos dos implicados, persoas anónimas que aportan unha mirada íntima e persoal, á vez que cualificada, da súa experiencia educativa como escolares, a presente investigación ten o propósito de ampliar o coñecemento do que sucede no mundo escolar e a comprensión dos\nfenómenos educativos, usando un enfoque biográfico-narrativo. As lembranzas\nescolares foron analizadas a partires de catro grandes dimensións: profesorado,\nmétodos de ensino-aprendizaxe, clima de aula e incidencia das experiencias escolares sobre os narradores. Finalmente, estes relatos autobiográficos tamén nos ofrecen unha panorámica do mundo escolar en diferentes intres da historia educativa española, comprendidos entre a instauración da ditadura franquista e o comezo da restauración da democracia.
Language: Galician
Subfield: History
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2778470345
Cites: 76
Cited by: 1
Related to: 10