Year: 2026
Type: article
Abstract: Expóñense diferentes cuestións en torno á eficiencia empresarial das cooperativas. Dunha banda, en relación á organización social e productiva, sinálase: a adecuación do modelo de xestión democrática inherente ás cooperativas para a incorporación das “novas formas de organización do traballo”; b) a existencia de culturas organizativas diferenciadas que, nalgúns casos, poden ser o factor determinanrte do fracaso dunha cooperativa; c) as formas de intervención técnica para acadar cambios sobre estes modelos. En relación ás etapas polas que decorre a organización cooperativa, sinálase a importancia inicial de acadar fontes de financiamento e apúntanse cinco factores fundamentais para o desenvolvemento da empresa: coesión da equipa humana, atención ó producto-servicio, saber medrar, atender ó mercado e coida-lo financiamento. Desde a experiencia do cooperativismo agrario sinálase a necesidade de mante-la competitividade no mercado e apúntase á dimensión da cooperativa coma factor clave. Entre as estratexias de medranza ou redimensionamento sinálase moi centralmente a intercooperación económica, social e intersectorial. Ábrese un debate sobre a relación entre obxectivos sociais e eficiencia empresarial nas cooperativas.
Source: Cooperativismo e economía social
Language: Spanish
Subfield: Strategy and Management
Domain: Social Sciences
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W27807694
FWCI:
Cites:
Cited by:
Related to:
