Year: 2017
Type: dissertation
Abstract: A razón fundamental para elixir esta temática é a necesidade de coñecer e profundizar cómo os adolescentes viven este período da súa vida, cáles son algúns dos obstáculos que se poden atopar nesta etapa decisiva para a súa vida adulta e, posteriormente, atopar formas de facilitar a aprendizaxe de estilos de vidas e estratexias de afrontamento saudables para a súa vida posterior. Aspectos que deben terse en conta se queremos realizar un proceso de aprendizaxe-ensinanza con calidade. Os obxectivos son os seguintes: 1. Analizar o estrés percibido, as estratexias de afrontamento e o sentido de coherencia nunha mostra de adolescentes galegos. 2. Examinar a relación das distintas medidas de estrés utilizadas: estrés recente, estrés xeral (cuantificadas co cuestionario de estrés percibido), co sentido de coherencia e as estratexias de afrontamento. 3. Establecer as diferencias de curso e xénero, no que se refiere a sentido de coherencia, estrés, satisfacción cos estudios e estratexias de afrontamento. 4. A predicción da saúde percibida (como variable pendente) desde as medidas de estrés, dimensións de personalidade e sentido de coherencia (como variable perdictoras).
Author: Lorena Macía Couto
Institution: Universidade de Vigo
Language: Galician
Topic: Student Stress and Coping
Subfield: Developmental and Educational Psychology
Field: Psychology
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2898107721
