Work

A aprendizaxe da música a través da relación da música culta da tradición Occidental e da música popular moderna e contemporánea: unha investigación etnográfica na educación secundaria post-obrigatoria

Year: 2018
Type: dissertation
Abstract: [Resumo] Esta investigación busca coñecer a configuración da ensinanza da música dentro da vía do Bacharelato de Artes Escénicas, Musicais e Danza, establecida dentro do marco lexislativo da LOE. Así, trátase de analisar a natureza e os fundamentos destas aprendizaxes observando, á súa vez, como se trasladan a nível de aula. O seu carácter etnográfico adecúase ao obxectivo de revelar como a música, alén de ser unha materia escolar, forma parte da cultura das persoas involucradas, sendo axentes musicais activos na súa vida diaria. Así, a etnografía permite acadar unha comprensión sobre as actitudes, bagaxe e preferencias dos estudantes cara a música, enriquecendo a visión de como se desenvolven as aprendizaxes dentro da aula. Tamén permite observar como o currículo das materias se adapta aos coñecementos, capacidades e expectativas do alumnado mediante a labor desenvolvida pola profesora. Como resultado, ao considerar a música como unha práctica culturalmente situada, a pesquisa esclarece as influencias que os presupostos culturais e sociais teñen sobre o deseño curricular, cuestionando criticamente a súa adecuación respeito ás diferentes culturas e sensibilidades musicais presentes na aula e ás necesidades de formación profesionalizadora do alumnado desta vía académica.
Language: Galician
Subfield: Music
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2955312357
Cites: 108
Cited by:
Related to: 10