Work

Primeiro cuarto de século do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Year: 2019
Type: article
Abstract: O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades alcanzou no 2018 o seu primeiro cuarto de século de vida. Nestes vinte e cinco anos andados de existencia moitas teñen sido as iniciativas e actividades que desde el se promoveron, converténdoo nun centro de referencia na promoción e desenvolvemento dos estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos galegos. Non se entende a escena cultural galega, en xeral, e a filolóxica, en particular, sen o concurso do CRPIH, unha das institucións decisivas na investigación do noso idioma e literatura, que posúe, amais, rango oficial, por canto depende organicamente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o que o converte no centro institucional de referencia para os estudos deste ámbito no eido gobernativo.
Language: Galician
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2969475752
FWCI:
Cites:
Cited by:
Related to: 10