Year: 2019
Type: article
Abstract: No presente artigo, presentamos os resultados do estudo arqueolóxico realizado arredor dun dos maiores asentamentos fortificados localizados na Galiza. Malia ser un xacemento coñecido na historiografía, apenas foi obxecto dunha investigación arqueolóxica en profundidade. A maiores da caracterización morfolóxica e a análise arquitectónica, tamén se realizou unha recompilación de datos históricos. Ao longo deste texto, pretendemos aportar información inédita sobre este xacemento e, paralelamente, comezar a comprender a súa ocupación na época posromana, a través da comparación con algunhas das hipóteses historiográficas existentes para este momento histórico.
Source: Lucentum
Author: Mario Fernández Pereiro
Institution: Universidade de Santiago de Compostela
Language: Galician
Subfield: Archeology
Field: Arts and Humanities
Domain: Social Sciences
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W2982199181
