Work

Relación entre a calidade do sono e o risco de lesión en xogadores de baloncesto sub-22. Un proxecto de investigación

Year: 2019
Type: dissertation
Abstract: [Resumo] Introdución: As lesións deportivas en idades novas son unha das principais causas polas que as persoas deixan de realizar actividade física. O elevado número de lesións en baloncesto é resultado da etioloxía multifactorial e as complexas interaccións que manteñen os diferentes factores de risco entre si. Consecuentemente a comprensión destas interaccións e a educación do deportista con información de calidade polo fisioterapeuta é fundamental como factor preventivo destas lesións. Existen poucos estudos que indagaran sobre a influencia de factores de risco psicosociais como a calidade do sono en deportistas novos, e non existe ningún estudo que o fixera en xogadores de baloncesto. Obxectivo: Comprobar se unha mala calidade do sono aumenta as probabilidades de lesión en xogadores de baloncesto sub22 en comparación con aqueles que presentan unha boa calidade do sono. Material e método: Plantéxase un estudo observacional prospectivo dirixido a xogadores de baloncesto sub-22 (9-22 anos). Avaliarase a calidade do sono por medio da versión validada para poboación moza do Índice de Calidade do Sono de Pittsburgh (PSQI). Todos os participantes serán valorados ao comezo do estudo e ao final do mesmo. Farase un seguimento mensual durante os 8 meses que durará o estudo. Complementariamente os participantes cubrirán un diario de descanso, baseado no PSQI, de forma semanal para que os datos a cerca do descanso se asemexen o máximo posible á realidade. Os datos serán analizados mediante o software estadístico SPSS. Valorarase en primeiro lugar a calidade do sono do conxunto de suxeitos durante a tempada e de forma mensual, para ver se cumpren coas recomendacións da Academia Americana de Medicina do Sono (AASM). Posteriormente dividirase a mostra nun grupo A (xogadores non lesionados) e grupo B (xogadores que sufriron algunha lesión) e se calculará a incidencia de lesións en ambos, así como o risco relativo de lesionarse en relación coa calidade do sono.
Language: Galician
Field: Medicine
Open Access status: green
OpenAlex ID: W3009727719
Cites: 36
Cited by:
Related to: 9