Work

Os fanzines e o posicionamento ideolóxico. Poden transmitir posicións ideolóxicas os fanzines?

Year: 2020
Type: article
Abstract: Resumo: As publicacións amateurs denominadas fanzines colleron forza a partir dos anos 70 do século XX para expresaren ideas e posicións de grupos considerados á marxe do común, do habitual e das grandes cadeas de consumo mediático. O seguinte artigo busca dar resposta á pregunta de se as persoas que crean, editan e distribúen fanzines o fan motivadas por unha postura ou posición ideolóxica. Para este artigo pártese da tese doutoral O fanzine e a ruptura do monopolio da mensaxe. Uso dos fanzines como medios informativos e de expresión en Galicia. 1990-2005, de Ramón Fernández Mariño (2015). A partir deste documento recóllense tanto a definición de fanzine como de ideoloxía, para buscar os elos que permitan ter unha resposta acaída academicamente á pregunta que se presenta neste artigo.
Language: Galician
Subfield: Communication
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W3039340709
FWCI:
Cites:
Cited by:
Related to: 10