Year: 2020
Type: article
Abstract: Rosalía de Castro, cerne do canon literario galego, coñeceu unha fortuna moi irregular na súa transmutación de figura autoral en símbolo, pois sendo unha efixie cultural indiscutida, a súa centralidade implicaría o apagamento de moitas das súas actitudes e conviccións. Este contraste entre recoñecemento e descoñecemento reproduciuse en moitos ámbitos, entre eles o audiovisual, sector no que o proceso de construción da imaxe da escritora ocupa un lugar significativo, pero tamén xorde marcado polas contradicións detectábeis nos outros campos. Por esta razón, cremos que reexaminar a pasaxe do relato vital e literario de Rosalía ao audiovisual, sexa desde o terreo dos estudos cinematográficos, sexa desde os estudos literarios, e máis concretamente desde as achegas das narrativas transmediais, poden proporcionar máis luz no arduo proceso de configuración do símbolo rosaliano e, con el, de toda a cultura. Con esa perspectiva, no presente traballo estudamos a transmediación rosaliana realizada na miniserie Contou Rosalía (2018), con especial atención ao tratamento dado á imaxe de Rosalía no telefilme e nos documentos audiovisuais xerados ao redor do mesmo, e a súa relevancia na conformación da identidade galega.
DOI: 10.21814/2i.2530
Author: Iolanda Ogando
Institution: Universidad de Extremadura
Language: Galician
Subfield: Literature and Literary Theory
Field: Arts and Humanities
Domain: Social Sciences
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W3039434751
