A Resposta Neoinstitucional Aos Problemas Da Pesca: Estado Da Arte Sobre as Cotas Transferibles Individuais
Year: 2011
Type: article
Abstract: A maior parte das pesqueiras do mundo están, cando menos, plenamente explotadas. O principal elemento causal desa situación é a falta dun ambiente institucional regulador dunha actividade pesqueira que, sen regras do xogo definidas, seguiu nas últimas décadas unha tendencia combinada de sobreexplotación dos recursos do mar e de resultados económicos ineficientes. O noso obxectivo é analizar a regulación institucional como fonte de solucións para os principais problemas da pesca moderna, que neste traballo identificamos como sobrepesca e sobrecapitalización do sector pesqueiro. Ademais, nesa tónica reguladora presentaremos a importancia das institucións, dos dereitos de propiedade e da estrutura de incentivos ligadas a ambos os dous como parte capital da acción institucional na pesca. Concretando a importancia da acción institucional na regulación da actividade pesqueira, analizaremos un mecanismo institucional concreto: as Cotas Transferibles Individuais (CTI) como reflexo da acción das institucións e dos dereitos de propiedade aplicados á gobernanza práctica das pesqueiras
Source: Revista Galega de Economía
Language: English
Subfield: Aquatic Science
Domain: Life Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W191018612
