Unha Análise Non Paramétrica Sobre a Eficiencia E a Produtividade Dos Países Europeos En Tecnoloxía E Propiedade Intelectual
Year: 2020
Type: article
Abstract: O obxectivo dos autores foi aplicar a análise de envoltura de datos para estudar a eficiencia da ciencia e da investigación en 31 países europeos. A análise de envoltura de datos é unha técnica moi ben establecida no estudo da eficiencia de sistemas complexos con varios inputs e outputs. A ese respecto recolléronse datos da base de datos de Eurostat. Segundo os datos dispoñibles, o último ano completo e consolidado foi 2012, polo que escollemos este ano para o estudo. Os principais resultados son que baixo o presuposto de constante retorno de escala só dous países eran eficientes: Suíza e Suecia. Cando se permiten retornos variables á escala Alemaña e dous países pequenos: Malta e Islandia tamén se consideran eficientes.
Language: Galician
Field: Decision Sciences
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W3082994694
