Work

Asociación do uso das novas tecnoloxías e os estilos de vida dos usuarios de internet

Year: 2020
Type: dissertation
Study design: Observational Study
Abstract: INTRODUCIÓN: A eclosión durante as últimas décadas das novas tecnoloxías, e, \nconcretamente, internet, supuxo grandes cambios na vida dos usuarios, facilitando moitos \ndos seus aspectos, pero tamén trouxo consigo consecuencias negativas, como un uso \ninadecuado do mesmo ou unha posible adicción. Debido a isto, parece necesario estudar a \nrelación entre o uso das novas tecnoloxías e os estilos de vida dos seus usuarios. \nMATERIAL E MÉTODOS: Levouse a cabo un estudo transversal, descritivo, mediante \nunha enquisa distribuída en distintas plataformas de internet, para así captar usuarios do \nmesmo. A enquisa constaba de 82 preguntas sobre datos socio-demográficos, perfil de uso \nde internet, estilo de vida e saúde xeral. Para estudar o grao de dependencia empregouse o \nInternet Addiction Test (IAT), e valorouse a asociación deste parámetro con determinadas \ncaracterísticas socio-demográficas, distintos aspectos relacionados co uso das tecnoloxías, \no estilo de vida e a saúde xeral (valorada usando o cuestionario SF-36), para obter os \ndiferentes perfís dos usuarios de internet. \nRESULTADOS E DISCUSIÓN: Obtívose unha mostra formada por 699 persoas maiores de \nidade, das que un 21% manifesta algún grao de dependencia segundo o IAT. Parece que a \nadicción a internet aparece máis en menores de 30, varóns e estudantes, e asóciase a \ndeterminados patróns de uso (acceder dende o smartphone, utilizar videoxogos e \nplataformas de vídeos, revisar Whatsapp antes de realizar calquera outra cousa pola mañá, \netc.). Tamén se atopa relación con unha menor práctica de exercicio físico, peor \nalimentación, incremento do IMC e con unha e peor saúde auto-percibida, \nfundamentalmente nos aspectos psico-sociais da mesma. Ademais, existen diferentes \npatróns de uso de internet nos distintos grupos de idade e dependendo do xénero. \nCONCLUSIÓNS: Un 21% da mostra manifesta algún grao de dependencia. Ser varón, \nmenor de 30 anos, estudante e usuario de videoxogos e plataformas de vídeos relaciónase \ncoa dependencia a internet. Tamén se aprecia a existencia dunha asociación entre o abuso \nde internet e un peor estilo de vida, un IMC maior, e unha peor saúde auto-percibida.
Language: Galician
Open Access status: green
OpenAlex ID: W3162283953
Cites: 28
Cited by:
Related to: 9