Work

Características diferenciais da violencia de xénero en grupos etarios especiais : adolescentes e anciás.

Year: 2020
Type: dissertation
Abstract: Introdución: A violencia de xénero, en particular a violencia de parella contra a muller, é unha problemática común na nosa sociedade. A maioría da literatura céntrase na violencia sufrida por adultas novas e de mediana idade, descoñecéndose os efectos noutros colectivos como as adolescentes e as mulleres maiores. Obxectivos: Identificar as características da violencia de parella nas adolescentes e anciás co fin de establecer similitudes e diferenzas co grupo xeral de mulleres maltratadas. Materiais e métodos: Realizouse unha revisión bibliográfica utilizando artigos orixinais e revisións, así como informes de organismos oficiais enfocados na violencia de xénero nos extremos da vida. Resultados e discusión: A violencia de xénero é menor nos extremos de idade. As adolescentes atópanse nun período de desenvolvemento e inmadurez emocional que afecta á expresión da violencia, caracterizada fundamentalmente por ser bidireccional e normalizada dentro das súas relacións de parella. Nas mulleres maiores, as relacións e o maltrato son de longa duración, engadíndose circunstancias propias da idade que as volve máis vulnerables. A violencia psicolóxica de control é a máis frecuente en ambos grupos de idade. A violencia física nas adolescentes é de carácter leve, nas mulleres anciás predomina o tipo mais severo e a violencia sexual en ambas é menos frecuente que no grupo xeral de mulleres maltratadas. As consecuencias sobre a saúde física son menores nas adolescentes, pero de gran importancia no resto de mulleres, mentres que as consecuencias sobre a saúde mental e sexual son moi similares en todos os grupos. Todas as mulleres comparten determinados factores de risco, pero outros son mais destacados segundo a idade. Nas adolescentes destaca o papel da comunidade e nas maiores aqueles que dependen da idade e recompilación de experiencias. Ambos grupos de mulleres solicitan os recursos de axuda en menor medida que o resto de afectadas por o maltrato. Conclusións: A violencia de parella nas adolescentes e anciás ten características propias debido ás circunstancias que acompañan estas etapas vitais.
Language: Galician
Subfield: Health
Open Access status: green
OpenAlex ID: W3200228490
Cites: 32
Cited by:
Related to: 10