Un instrumento innovador para defragmentar a propiedade? A permuta entre múltiples participantes e a percepción dos gandeiros
Year: 2018
Type: article
Abstract: Neste traballo explórase a viabilidade dun proceso de permuta de uso das parcelas entre múltiplesparticipantes como ferramenta para reducir a fragmentación do uso da terra e mellorar a estrutura parcelaria das explotacións. Trátase de identificar os criterios e variables máis relevantes a hora de realizar un proceso deste tipo, desde a perspectiva das explotacións de gando vacún, co obxectivo adicional de que o coñecemento xerado sirva de base para o deseño de ferramentas informáticas de apoio. A través da realización de entrevistas e a análise cualitativa dos resultados obtidos, quedou patente que a marxe de mellora da base territorial das explotacións existe e que a práctica da permuta non é totalmente allea ao sector. O traballo permitiu explorar cales serían as principais vantaxes e inconvenientes dun proceso destas características desde a perspectiva dos seus potenciais beneficiarios.
Source: Recursos Rurais
DOI: 10.15304/rr.id5055
Institution: Universidade de Santiago de Compostela
Language: Galician
Topic: Land Rights and Reforms
Subfield: Law
Field: Social Sciences
Domain: Social Sciences
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W2804365738
