Work

A intercooperación como principio estratéxico nas cooperativas

Year: 2026
Type: article
Abstract: Desde a experiencia vivida no movemento cooperativista catalán, o autor presenta as avantaxes da intercooperación, tanto da orientada a acadar obxectivos de tipo social, ideolóxico ou político como da orientada á mellora empresarial e económica das cooperativas. A intercooperación con obxectivos de mellora empresarial permite resolver a contradicción entre a necesidade de medranza empresarial imposta pola globalización e o aumento da competitividade no mercado, e a eficiencia dos pequenos grupos organizativos onde se acada unha maior participación e implicación dos traballadores e traballadoras. Se a estratexia de subcontratación é a propia das empresas capitalistas convencionais para superar esta contradicción, as cooperativas deberán intercooperaren pararesolver este mesmo problema situándose en puntos de alto valor engadido. No mesmo nivel empresarial, a intercooperación dá acceso a unha maior información e anticipación ante as situacións de mercado, e por conseguinte a unha maior capacidade de adaptación. O autor sinala tamén as principais dificultades nos procesos de intercooperación: problemas inherentes ó liderato, disciplina do grupo e “medo a velocidade”. A intercooperación con obxectivos sociais e políticos estímase como estratexia fundamental para a defensa dos dereitos das cooperativas e a proxección da fórmula e os valores cooperativos cara ó exterior.
Language: Spanish
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W33123296
FWCI:
Cites:
Cited by:
Related to: