Work

Características das solicitantes da pílula postcoital na provincia de Lugo

Year: 2011
Type: article
Study design: Observational Study
Abstract: Obxectivo: Describir as caracteristicas das mulleres que solicitana pilula postcoital (PPC) nos centros de saude da provincia de Lugo e as variables relacionadas coa solicitude. Deseno: Estudo observacional descritivo transversal. Participantes: Mulleres que solicitaron a PPC nos centros de saude da provincia de Lugo entre xaneiro do 2006 e decembro do 2010. Medicions principais: Idade, motivo da solicitude, toma previa da PPC no ano anterior e uso de metodo anticonceptivo. Resultados: No periodo de estudo incluironse 4051 mulleres. A idade media foi de 23.49 anos (IC 95% 23.29-23.69). O rango de idade situouse entre 10 e 57 anos. Un 13.48% foron menores de idade. O 40.09% usaron con anterioridade anticoncepcion postcoital. O 77.31% utilizou metodo anticonceptivo nas relacions sexuais. A principal causa de peticion foi a rotura do preservativo (76.25%). O dia de maior dispensacion foi o Domingo (24.98%). Conclusions: A muller que solicita a PPC en Lugo e nova, maior de idade, refi re utilizar metodo anticonceptivo e recorre a PPC por fallo do mesmo. As mulleres novas empregan mais a anticoncepcion de emerxencia cas de maior idade. Case en ¾ partes solicitase a PPC por rotura do preservativo, o que parece indicar un mal uso do mesmo ou un sesgo de resposta. Dos datos anteriores deducese a necesidade de facer intervencions a nivel de Educacion para a Saude para fomentar condutas sexuais saudables.
Authors: Carmen Campo Gesto, Mónica Rouco
Language: Spanish
Field: Medicine
Open Access status: green
OpenAlex ID: W332852283
FWCI:
Cites: 12
Cited by:
Related to: 10