Work

Valentín Lamas Carvajal: o seu xornalismo

Year: 2006
Type: article
Abstract: A recuperación do escritor, poeta e xornalista Valentín Lamas Carvajal, con motivo do centenario da súa morte, semella unha ocasión ben pertinente para enfocar a revalorización do autor ourensán como unha das figuras centrais das letras galegas do Rexurdimento e, sen dúbida, o personaxe de máis pouso cultural e social no Ourense da segunda mitade do século XIX, á marxe de Curros Enríquez, ausente este último da cidade durante boa parte da súa biografía.Unha axeitada recuperación do significado do escritor Lamas Carvajal debe ir paralela á pluralidade de campos literarios que o autor abordou ó longo da súa vida, atendendo de forma moi especial ó eido do xornalismo literario no que o ourensán destacou de forma relevante sobre o conxunto dos seus contemporáneos.Creo que a diversificación da súa producción escrita -poesía, prosa, xornalismo-non debe VALENTÍN LAMAS CARVAJAL, O SEU XORNALISMO Marcos Valcárcel ocultar as claves de continuidade do Lamas escritor nos moi diferentes xéneros e rexistros empregados, claves que se expresan de forma máis contundente no xornalismo, que foi tamén a parcela do seu quefacer que en vida do autor tivo maior repercusión e receptividade públicas.Lamas Carvajal é un autor literario de extrema coherencia e forte vontade de estilo propio, avanzando neste sentido unha serie de propostas culturais que serán logo recollidas e continuadas por outros autores durante varias décadas e que serían recoñecidas, moitos anos despois, por outros escritores como Ramón Otero Pedrayo ou Eduardo Blanco Amor.A recente publicación da súa Poesía Galega nunha rigorosa e exhaustiva edición da profesora Pilar García Negro (1998) permite ter acceso máis doado a novas bases documentais para avaliar a achega do ourensán ás letras do Rexurdimento; sería preciso tamén recoller a obra en prosa do escritor, publicada no seu día en libro, para ter unha visión de conxunto da súa produción.
Author: Marcos Valcárcel Díaz
Language: Catalan
Open Access status: green
OpenAlex ID: W33901028
FWCI:
Cites:
Cited by:
Related to: 10