Work

Estudio comparativo da conducta diante dunha farinxite aguda usando os criterios clínicos habituais frente o uso dun test rápido estreptocócico e a comprobación dun algoritmo diagnóstico

Year: 2001
Type: article
Study design: Observational Study
Abstract: Introduccion. A farinxite e un dos problemas mais comuns en medicina xeral e pediatria. Sen embargo as estratexias para o seu manexo non estan demasiado claras. O uso axeitado da clinica e o laboratorio e necesario para previr o abuso de antibioticos. Obxectivos. Comparar a conducta clinica habitual fronte as infeccions de gorxa, co uso dun test de diagnostico rapido fronte o estreptococo do grupo A. Analizar a aplicacion dun algoritmo clinico-terapeutico de referencia na nosa mostra. Metodo. Nunha mostra prospectiva de 124 pacientes de idades comprendidas entre os 3.10 e os 78 anos de idade rexistramos os signos e sintomas clinicos e realizamos unha dobre toma de exudado farinxeo dun test de aglutinacion en latex fronte o estreptococo e un cultivo farinxeo. Resultados. Aplicando a conducta clinica habitual houberase tratado a un 48.3% dos pacientes que presentaban un cultivo negativo fronte a un 1.5% se se utilizara o test (p<0.05). O algoritmo de referencia, e inadecuado para nosa mostra pola diferencia estadistica entre os grupos. O test estreptococico demostrou unha sensibilidade do 80% e unha especificidade do 99%. Obtivemos unha frecuencia de infeccion estreptococica do 36.3%. Conclusion. Para o manexo da farinxite aguda e preciso unha combinacion adecuada da clinica combinada co uso dun test estreptococico, e nos casos necesarios a realizacion dun cultivo farinxeo.
Language: Galician
Field: Medicine
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W340261518
FWCI:
Cites:
Cited by:
Related to: 9