Work

Mobilidade E Desenvolvemento Sustentable: Unha Aproximación Aos Cambios Nos Hábitos De Transporte Das Persoas En Galicia (2001-2007)

Year: 2009
Type: article
Abstract: INTRODUCIÓN E OBXECTIVOSO uso excesivo de sistemas de transporte (de mercadorías e de pasaxeiros) intensivos na utilización de combustibles fósiles é unha das causas máis importantes da excesiva pegada ecolóxica da enerxía que presenta a Comunidade Autónoma de Galicia.Esta análise dos sistemas de mobilidade -pouco compatibles co desenvolvemento sustentable-foi realizada polos autores (González Laxe et al., 2005) e, posteriormente, completada e ampliada co estudo dos hábitos de mobilidade en distancias curtas (González Laxe et al., 2006).Polo que respecta aos desprazamentos das persoas, as principais conclusións alcanzadas nas ditas investigacións poden resumirse en tres cuestións: en primeiro lugar, o peso da mobilidade atoparíase en mans do usuario que utiliza sistemas ineficientes -especialmente o automóbil privado-por carecer de substitutivos públicos axeitados; en segundo termo, a obrigatoriedade dos desprazamentos (especialmente ao traballo e/ou por estudos) fai imposible no curto prazo un cambio de hábitos; e, por último, existe unha especial incidencia desta problemática nas sete cidades máis grandes de Galicia.As análises anteriores baseáronse fundamentalmente nos datos precedentes das Encuestas de Movilidad de las Personas Residentes en España 2000-2002 do Ministerio de Fomento (2003).Polo tanto, tratouse dunha análise estática, referida a un ano en concreto.A publicación -moi recente-da nova enquisa con datos do ano 2007, cunha metodoloxía moi similar á anterior (Ministerio de Fomento, 2008) permite, en primeiro lugar, realizar unha análise comparativa entre os hábitos de ambos os dous períodos.Con iso tratarase de descubrir as modificacións habidas nos hábitos de mobilidade en Galicia e a súa comparación con España, e moi especialmente se nesta etapa (2001)(2002)(2003)(2004)(2005)(2006)(2007) de particular crecemento cuantitativo en ambas as dúas economías se desenvolveron actitudes e políticas a favor dun transporte sostible.
Language: Galician
Subfield: Transportation
Open Access status: green
OpenAlex ID: W340904264
FWCI:
Cites: 1
Cited by:
Related to: 9