Work

La atribución de responsabilidades sobre las políticas públicas en un sistema de gobierno multinivel

Year: 2007
Type: article
Study design: Observational Study
Abstract: Nos sistemas de goberno multinivel a distribución do poder entre os distintos niveis de goberno fai esvaecer a claridade de responsabilidades. De que maneira os cidadáns atribúen responsabilidades neste contexto? A primeira hipótese deste artigo é que, segundo as institucións autonómicas se consolidan, os individuos melloran a súa capacidade de asignar competencias entre as distintas administracións (hipótese de aprendizaxe). A segunda hipótese que contrastamos é a existencia dunha orientación política na atribución de responsabilidades. Analizamos se as orientacións políticas dos individuos teñen un efecto sobre a selección do nivel de goberno responsable dunha determinada política. Con datos da Comunidade Autónoma de Galicia, amosamos que o proceso de aprendizaxe se produce de maneira selectiva, é dicir, entre os individuos que están interesados en política ou entre aqueles cun nivel de formación alto. Noutras palabras, os cidadáns aprenden sobre o que lles interesa ou cando dispoñen previamente de certo nivel de coñecemento. A análise empírica sobre a hipótese de orientación política non proporciona evidencia empírica concluínte.
Language: Spanish
Open Access status: green
OpenAlex ID: W38613466
FWCI:
Cites: 179
Cited by: 6
Related to: 10