Dúas obras inéditas de José Rodríguez González
Year: 2009
Type: article
Abstract: Existen importantes contribucións sobre o que, sen dúbida, foi o primeiro gran matemático e xeodesta galego, José Rodríguez González “O matemático do Bermés”, como a extensa biografía preparada polo ilustre astrónomo lalinense Ramón Mª Aller Ulloa ou o traballo de Armando Vázquez Crespo, que podemos atopar no número 1 de Descubrindo Deza. Malia todo, cremos que aínda non se pode dicir que está todo escrito sobre esta figura. Exporemos a continuación uns apuntamentos sobre este persoeiro aínda pouco coñecido na Ciencia galega e falaremos de dúas publicacións inéditas súas que non aparecen nas biografías feitas sobre a vida e obra deste científico: Ueber die Gröfsenverhältnisse des Erd-Sphäroids e Notice géognostique sur la Sierra Nevada.
Author: Iván Fernández Pérez
Language: Spanish
Subfield: History and Philosophy of Science
Field: Arts and Humanities
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W41195749
