“Ola, señor, dásme o libro?” : adquisición de estratexias de cortesía en galego
Year: 2016
Type: dissertation
Abstract: Ademais de estudar o fenómeno da cortesía, o presente traballo tamén presta atención a cuestións relacionadas coa adquisición lingüística no desenvolvemento ontoxenético e, máis concretamente, coa adquisición da competencia pragmática. Así, tentarase analizar o proceso polo cal os nenos e nenas galegofalantes adquiren as estratexias de cortesía empregadas nas peticións. Os principais obxectivos radican no estudo das estruturas lingüísticas preferidas polos nenos galegos para levaren a cabo unha petición, na análise do peso de certas variables sociais e contextuais (familiaridade, poder relativo e custo da petición) á hora da escolla dunhas ou outras estratexias e, finalmente, na comprobación da relevancia dos factores da idade e incluso do sexo, tendo en conta sempre a importancia das diferenzas individuais
Source: Hispana
Author: Rial Montes, Tamara
Language: Spanish
Subfield: Developmental and Educational Psychology
Field: Psychology
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W4285083975
