Work

As anotacións de Angelo Colocci nos cancioneiros galego-portugueses

Year: 2021
Type: paratext
Abstract: Outra copia incompleta de M, coñecida como g 2 (Bologna, Bibl.Univ.1290), foi elaborada polo propio Casassagia (sobriño de Cariteo, como foi indicado) para o marqués de Montesarchio cando o cancioneiro xa estaba en Roma en mans de Colocci, segundo estudou Careri (1993). 32 Reprodúcese en Debenedetti (1995 [1911]: 301). 33 En realidade, a última delas (Era sabra s'a ges e cortezia) é, con maior probabilidade, da autoría de Guiraudo lo Ros, pero en M aparece atribuída a Arnaut Daniel (T, pola súa parte, asígnaa a Folquet de Marselha, f a Raimon Jordan, e en O aparece como anónima).As anotacións de Angelo Colocci nos cancioneiros galego-portugueses 449 textos extraídos "Ex libro Francisci Petrarce .C. Maziatoste" 49 .Nun dos elencos autógrafos dos seus libros (Vat.lat.3217, fol.329rv), figura un Libro de Ragona, que debe de corresponderse coa Raccolta aragonese 50 , e noutro do mesmo tipo (Vat.lat.4817, fol.196rv) un Libro Reale 51 , que non son os únicos dos que se pode atopar mención tanto nos listados de libros elaborados directamente polo noso humanista (a maioría deles) 52 como no que se levou a cabo da biblioteca de Fulvio Orsini (na que entraran a formar parte varios libros de Colocci) ou cando se incorporaron á Biblioteca Vaticana.Tampouco faltan neses inventarios referencias a Dante 53 : il convito di Dante (no elenco do Vat.lat.3958, fols.184r-196r), so.di Dante stampati ... Dante mio (Vat.lat.3903, fols.222r-227r), Dante canzone (Vat.lat.4817, fols.210r-211v), libros dos que non se sabe practicamente nada 54 .En calquera caso, o seu ben máis prezado podería ser o Vat.lat.4787, que contén os Rerum vulgarium fragmenta e os Triumphi de Petrarca, e que, por ser copiado directamente pola man do seu pai, Colocci cita no Vat.lat.4817,
Source: ArGaMed
Language: Galician
Subfield: Classics
Open Access status: bronze
OpenAlex ID: W4388445384
Cites: 63
Cited by: 3
Related to: 10