Work

Que entendemos por biodiversidade?: actividades de ordenación do territorio para o empoderamiento ambiental

Year: 2011
Type: article
Abstract: Os problemas socio-científicos poden representar un marco axeitado para a alfabetización ambiental. Neste tipo de problemas é onde a ciencia, a tecnoloxía e a sociedade interfiren na toma de decisións. A biodiversidade considérase un clásico dentro dos problemas socio-científicos xa que é un problema que pode ser pertinente tanto no ámbito persoal como social de cada persoa (van Weelie & Walls, 2000) Con este traballo preténdese coñecer en que medida os alumnos melloran o coñecemento dun contido tan complexo como é a biodiversidade no contexto dunha actividade de conservación. Para iso pedíaselles que realizaran un novo plan de ordenación para unha comunidade de montes próxima ao instituto. Presentouse como un problema real e próximo ao alumnado. Esta actividade incluía unha saída para a recollida de datos, ademais de cinco sesións de aula para a análise e a realización do plan de ordenamento
Authors: Santiago Vilar, D. N. Brown, Isabel García-Rodeja Gayoso
Language: Spanish
Subfield: Education
Open Access status: green
OpenAlex ID: W44179953
FWCI:
Cites: 12
Cited by:
Related to: 10