Work

O Pintor Seijo Rubio e Betanzos: a feminidade da paisaxe mariñá

Year: 2004
Type: article
Abstract: Súa nai, dona Benita Rubio, era natural de Cercedilla, provincia de Madrid.En 1887, a súa familia trasládase a Lugo e logo a Betanzos en 1889.O seu profesor de debuxo foi don Francisco Javier Martínez Santiso.Ós catorce anos xa destaca como consumado debuxante, de xeito que don Claudino Pita lle encarga que decore o Globo Grande das festas de San Roque.En 1897 instálase coa familia na Coruña, onde terá o seu lar ata o fin dos seus días.Estudia na Escola de Artes e Industrias de esta cidade, na que serán os seus profesores de debuxo: Brocos, Román Navarro e Urbano González.Máis adiante, seguindo o consello do profesor e pintor Alejandro Ferrant, comeza os seus estudios na Escola Especial de San Fernando en Madrid, que non chega a completar.Son compañeiros seus de esudio: os irmáns Zubiaurre, Labrada, Martínez Vázquez, Abelardo Covarsi e Felipe Bello Piñeiro.En 1903 gaña a praza de profesor de debuxo e caligrafía que exerce no Instituto Xeral e Técnico de A Coruña; ó ano seguinte agréganlle o posto de profesor na Escola Normal.A partir de 1914 imparte as mesmas materias na Escola de Comercio.Ó longo de 47 anos de maxisterio, Seijo Rubio impartiu clase a uns 16.000 alumnos.Entre 1907 e 1909 participa activamente na vida cultural da Reunión de Artesanos.Con Martínez Morás emprende unha longa viaxe a cabalo entre abril e xullo de 1909 pola provincia, para recadar obras para a I Exposición Rexional Galega a celebrar en Santiago de Compostela.En 1912, en colaboración co arquitecto Antonio Palacios, o escritor Prudencio Canitrot e Felipe Bello Piñeiro, organiza a Exposición Rexional do Centro Galego de Madrid.Seijo Rubio e Felipe Bello Piñeiro coincidirán en sinalar esta data como "el punto inicial del desarrollo de nuestra Sumario Este artigo estudia a vida de Seijo Rubio na cidade de Betanzos, onde viviu os seus primerios anos.A súa pintura pertence ó movemento español postimpresionista.O artigo amosa a percepción da paisaxe de Galicia como un ser feminino, tal como é visto pola súa xeración arredor de 1916.
Language: Portuguese
Open Access status: green
OpenAlex ID: W45159883
FWCI:
Cites:
Cited by: 1
Related to: 10