Work

Environmental Externalities and Housing Price in Madrid: an Application With Spatial Quantile Regression

Year: 2012
Type: article
Abstract: A contaminación atmosférica e o ruído son dous importantes problemas propios das grandes cidades. Neste artigo analízase o impacto de ambas as dúas variables sobre o prezo da vivenda na zona centro da cidade de Madrid. Para iso, seleccionáronse dúas medidas subxectivas de contaminación atmosférica e ruído correspondentes a unha mostra de 5.080 vivendas que, xunto con outras variables de características desas vivendas, de accesibilidade e de datos socioeconómicos, serán empregadas no contexto dos modelos de regresión cuantílica. A regresión cuantílica espacial é un bo medio para controlar problemas habituais nos modelos hedónicos (non linearidade, non normalidade por asimetrías e puntos atípicos, heteroscedasticidade e autocorrelación espacial). Os resultados mostran que nin a contaminación atmosférica nin o ruído teñen un efecto claramente significativo sobre o prezo da vivenda, agás nos barrios máis ricos, onde a polución é unha externalidade negativa. Ademais, claramente contrario ao esperado, o impacto do ruído presenta signo positivo, aínda que unicamente para o segmento de vivendas de luxo debido, posiblemente, á existencia de certas externalidades positivas asociadas ao ruído nestas zonas, como rúas comerciais exclusivas e zonas de alto valor histórico ou cultura
Language: English
Open Access status: green
OpenAlex ID: W52379929
FWCI:
Cites: 27
Cited by: 2
Related to: 9