Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?
Year: 2011
Type: article
Abstract: [Resumo] Este artigo establece, a través dunha investigación de campo, a importancia da implantación da responsabilidade social nas empresas co fin de estas reteren o seu capital intelectual. A fugade cerebros e a retención do talento é arestora un tema de actualidade que preocupa as grandes entidades, as cales intentan motivar, atraer e reter o seu know how para lograren desta forma posicionarse como líderes no seu sector ou nicho de mercado. Para isto, implementan dentro das súas políticas a responsabilidade social empresarial, con accións que varían en función da xeración a que pertence o seu cadro de persoal e que se relacionan neste estudo.
Source: RUC (Universidade Da Coruña)
Language: Galician
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W52779059
